
UN, DOUS,TRES… ACCIÓN
O alumnado de Educación Básica Obrigatoria e Tránsito a Vida Adulta do Colexio de E.E. San Rafael de Vigo participa un ano máis no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida ao fomento e a innovación educativa nos centros.
En concreto, imos participar no programa “Nós tamén creamos!” que ten coma finalidade a promoción da lingua galega a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, mediante a creación de curtametraxes en galego coa técnica stop motion.
Para familiarizarse con esta técnica, os nosos alumnos xa comenzaron a investigar en qué consiste e están a facer as súas primeiras probas de produción.
O traballo levado a cabo ata o momento está a ser moi proveitoso e divertido polo que creemos que o desenvolvemento desta actividade vai permitirlle aprender moitas cousas xuntos e gozar ao máximo da súa formación.
Se queredes seguir todos os seus avances, podedes facelo a través do noso blog: https://123accion.tumblr.com/