PARTICIPACIÓN NO PLAN PROXECTA DA XUNTA DE GALICIA

A Área Educativa de HC San Rafael participa no Plan Proxecta dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Consellería de Cultura, que ten coma obxectivo fomentar os proxectos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega.
 
O noso proxecto está baseado no teatro de sombras chinesas «O Monstruo de Cores», un conto que trata o tema das emocións e sentimentos. Para o desenvolvemento desta iniciativa traballamos teatro, expresión verbal, creatividade, lectura, habilidades sociais e as novas tecnoloxías, fomentando sempre o emprego do galego, especialmente de forma oral.
 
Co grupo de teatro (Os Asomados), facemos a representación de sombras chinesas. Todo alumnado participou na creación dos diálogos, elaboración dos títeres, búsqueda da música axeitada e gravación dos audios.
 
É un proxecto no que traballamos as intelixencias múltiples, xa que a intelixencia emocional é una delas e combina a intelixencia intrapersoal e a intelixencia interpersoal.
 
No Proxecto participan tódalas clases de EBO e TVA. Pero na representación teatral só participan dúas clases de Tránsito á Vida Adulta.
 
Esta actividade convértese nunha ferramenta para traballar o desenvolvemento no ámbito da integración social e comunitaria, como parte dos obxectivos que se plantexaran para o alumnado de TVA.
 P1010589 P1010611 P1010616 P1010621